Xa chega a Luz da Paz de Belén!

I5g6NA3I91Fv7ZHaLM05.0

A Luz da Paz de Belén é unha iniciativa dos Scouts e Guías de Austria que, en colaboración con scouts de diferentes países do mundo, reparten unha Luz acendida cada ano por un neno ou nena austríaco na cova do nacemento de Xesús en Belén.

A distribución da Luz da Paz a todos os países realízase dende Viena, a onde acoden scouts de todo o mundo para acender os seus candís. Dende fai uns anos, Scouts de Galicia – ECG trae esa Luz á nosa terra e tenta que chegue a todos os recunchos de Galicia: asilos, parroquias, centros xuvenís, familias, etc.

SAM_1155 - copiaO Grupo Scout Ronsel non quere ser menos e traerá a Luz da Paz de Belén a Sada. Para que todo o mundo poida facerse con ela, faremos un reparto na eucaristía das 12:30 do domingo 23 na parroquia de Santa María de Sada.  Nesta celebración, todos os que o desexen poderán acender a Luz da Paz de Belén nas súas velas e levala ós seus fogares.

Ademais de repartir a Luz da Paz de Belén, na eucaristía do domingo 23 os nenos e mozos do Grupo Scout Ronsel interpretarán un Belén vivente, polo que convidamos a toda a xente a acudir a misa e disfrutar con esta obra do comezo do Nadal!

cartel luz paz sada

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s