Chocolatada solidaria de Ronsel!

Cartel chocolatada colorQueres tomar un trago quente e un bocado doce á vez que colaboras nunha boa causa? Os rotas do Grupo Scout Ronsel ofrécenche un magnífico plan! A partir do 2 de decembro, todos os domingos de 11:30 a 13:00 estarán na porta principal da igrexa nova de Santa María de Sada ofrecendo chocolate quente á taza, biscoito e marmelada caseira por módicos prezos con finalidade benéfica!

  • Chocolate quente á taza: 1€
  • Porción de biscoito: 1€
  • Chocolate + biscoito: 1,5€
  • Bote de marmelada caseira: 3€

Ademais, haberá a posibilidade de deixar donativos e de adquirir lotería do Grupo.

taza-de-chocolateA chocolatada solidaria é unha iniciativa deseñada e levada a cabo polos rotas do Grupo Scout Ronsel para recadar diñeiro co que financiar as súas actividades. Concretamente, os fondos recadados irán destinados á viaxe que realizarán a Vitoria para buscar a Luz da Paz de Belén que posteriormente traerán a Sada para repartir entre os veciños e fregueses.

Se queres colaborar, non dubides en achegarte os domingos de 11:30 a 13:00 á igrexa nova de Santa María de Sada para tomar un chocolate quente!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s