Os lobecos coñeceron Santa Cruz

Este sábado, os lobecos do Grupo Scout Ronsel dedicámonos a coñecer un dos pobos próximos a Sada. Comezamos o día viaxando en bus dende Sada ata Dorneda, dende onde fixemos unha rota a pé ata chegar a Santa Cruz. Aínda que a choiva e o forte vento non estaban da nosa parte,equipámonos cos chuvasqueiros e sobrevivimos á tempestade!

Visitamos o Castelo de Santa Cruz coñecendo a súa historia a fondo, a labor que fai o CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) e todos os seus recunchos máis singulares.. Non foi nada fácil camiñar polas estreitas murallas e sortear as olas, pero sen dúbida converteuse en toda una aventura!

Fomos tamén ó parque das Torres onde realizamos un xogo de estratexia para atopar ós gardiáns da fortaleza. Descubrimos que hai máis olas que as do mar, e que os oleiros fan pezas de cerámica ben bonitas.

Pasamos a tarde ó abrigo dunha gran pista cuberta en Bastiagueiro onde que comimos, aprendimos novas canciónse xogos moi divertidos… e onde tivemos ademais varios momentos importantes para os lobecos: realizamos unha mesa de Akela e unha Asemblea da Manada tomando importantes decisións para a Manada.

Cada día imos aumentando pouquiño a pouquiño e esperamos que siga así! O sábado foi un día moi divertido para todos… e como este, haberá moitos máis!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s