Primeiras Olimpíadas Lobecas: éxito absoluto!

Aínda que este sábado facía un día ideal para quedarse en casa baixo a manta, os Lobecos de Ronsel demostraron que ante calquera adversidade o mellor é poñer boa cara e saír a xogar. E que mellor forma de facelo que compartindo unha divertida tarde cos seus mellores amigos?

Este sábado, a manada duplicouse en tan só uns minutos, pois practicamente todos os Lobecos trouxeron un amigo e algún mesmo dous! Todos eles convertéronse nos participantes das primeiras Olimpíadas Lobecas de Ronsel. Identificados co seu dorsal, participaron por parellas (Lobeco e amigo) en todo tipo de probas: salto de lonxitude, carreiras de relevos, bailes sobre periódicos, habilidades a cegas, rapidez evitando ser pintado, confianza no compañeiro… e moitas máis! En cada unha delas, o xurado composto por Akela e Bagheera e as súas respectivas amigas, Laura e Zambu, repartiron puntos ós gañadores de cada proba.

O resultado estivo moi axustado, pero finalmente tres equipos subiron ó Podio! Tras a entrega de medallas e diplomas e as fotos oficiais pertinentes, todos xuntos compartimos unha merenda para repoñer forzas tras a intensa tarde!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s