Día de castañas e cabazas

Xa pasou a celebración do Magosto e do Samaín do Grupo Scout Ronsel e tan só temos que dicir… que foi xenial! Tanto os rapaces como os pais puxéchedes todo da vosa parte para converter este día nunha festa divertida e especial.

Comezamos a xornada cun paseíño ata a Igrexa de Mondego, onde nos visitaron dous druídas para falarnos dos pobos celtas e do Samaín. Contáronnos tamén que andaba polos arredores de Sada a ánima dun home chamado Jack, que en vida pactara coDemo e cando lle chegou a súa hora quedou condenado a vagar por sempre entre o mundo dos vivos e dos mortos. Os rapaces de Ronsel, que son áxiles e perspicaces, mergulláronse na aventura de buscar e atrapar a Jack, que tras unha longa busca apareceu no alto dunha árbore! Finalmente, os rapaces fixeron un conxuro celta cos druídas para mandar a Jack ó Inferno, que era o lugar que lle correspondía por terse portado mal durante a súa vida.

Tras esta aventura dirixímonos á Area Recreativa de Mondego, onde exprimimos a nosa creatividade ó máximo deseñando as cabazas máis orixinais dos últimos tempos no Grupo Scout Ronsel!

   

Despois de comer, o frío e o vento obrigáronnos a volver a Sada, e xa resgardados na base do Grupo Scout Ronsel fixemos un outonal mural empregando as follas, froitos e cores propios destas datas. Os rapaces fixeron tamén manualidades con castañas e prepararon un sorteo para repartir as súas obras entre os pais. Mentres, os rotas encargáronse de seleccionar, picar e asar as castañas para poder disfrutar delas na merenda.

Ás 17:00 comezamos a recibir ós primeiros pais. Unha vez estiveron todos, propuxémonos coñecer os nomes os uns dos outros xa que hai moitas caras novas! Despois dos xogos de presentación veu outra batería de xogos que culminou cun emocionante soga-tira de pais contra rapaces, no que os maiores lle deron unha lección de forza ós seus fillos!

Tras os xogos chegou un dos momentos máis esperados do día: o II Concurso de Tartas do Grupo Scout Ronsel. Un rigoroso xurado testou todas as tartas caseiras achegadas polos pais, e tras unha dura deliberación, concedeulle o merecido primeiro premio a unha deliciosa tarta de chocolate decorada cunha flor de lis!

   

Tras a entrega do premio á tarta gañadora, merendamos castañas, batidos e moitos doces. A festa rematou cun improvisado Karaoke e cunha sensación de ter pasado un moi bo día.

Advertisements

2 thoughts on “Día de castañas e cabazas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s