Comeza a Xeira!

Tras a marcha inaugural, ó Grupo Scout Ronsel tocoulle comezar as actividades ordinarias un día un pouco estraño, xa que esta fin de semana a metade dos responsables estaban nun curso de formación e a metade dos nenos marcharan de ponte coas súas familias. Aínda así, non desaproveitamos a oportunidade de reunirnos e comezar a traballar xuntos!

Os lobecos e os rangers dos Grupo Scout Ronsel afinaron as súas voces e perderon a vergoña xogando a unha divertida Oca Musical. Por uns momentos, o local da manada converteuse nun karaoke e, quen máis quen menos, todos sacaron o artista que levan dentro para amosar as súas dotes de cantantes, bailaríns e xenios do espectáculo.

   

Os rotas, pola súa banda, comezaron a Xeira con forza. O domingo pola mañá puxeron cediño o espertador para ir a colaborar como voluntarios na II Carreira solidaria da Auga organizada por Unicef en Sada. Máis de 1.500 atletas déronse cita no paseo marítimo da vila para participar nalgunha das probas que se realizaron ó longo da mañá, e os rotas do Grupo Scout Ronsel foron os encargados de xestionar as inscricións, repartir os dorsais e recadar a cota dos participantes.

Ademais, para rematar a xornada, todos eles participaron na “andaina”, un paseo solidario para familias e xente da rúa que clausurou as competicións da xornada. Grazas a este evento, Unicef Galicia recadou 3.900€ que vai destinar  ó programa “Gotas por Níger” encargado de levar auga potable e saneamento ós máis desfavorecidos do país africano.

   

Como vedes, o Grupo Scout Ronsel xa está en marcha, mais esta fin de semana tan só foi un quencemento para o resto da Xeira… o sábado que vén máis e mellor!

Advertisements

4 thoughts on “Comeza a Xeira!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s