Marcha inaugural 2012!

O sábado 6 de outubro ás 10:00 da mañá daba comezo a primeira actividade da Xeira 12-13 do Grupo Scout Ronsel. Os rangers e lobecos comezaban a chegar á nosa base en Sada, dispostos a comezar un novo ano e pasalo ben.

Durante a mañá tocou darlle á imaxinación e rebobinar ata o século XVIII, cando os ingleses arribaron á vila de Sada para recuperar un tesouro que anos atrás afundira nun dos seus barcos e fora rescatado e escondido polos sadenses no castelo da vila. Así comezou unha carreira para chegar ás ruínas da Torre de Fontán, na que os ingleses por unha banda e os sadenses por outra tiveron que sortear obstáculos, superar probas e interactuar coa xente da vila. Unha vez no castelo, os dous equipos enfrontáronse nunha dura batalla que finalmente deu a vitoria ós ingleses, recuperando así o seu tesouro.

Tras unha comida na praia de Morazón e unha sesión de fotos dende as alturas, emprendimos a volta á vila porque a choiva comezaba a ameazar con forza. Xa na base, os responsables presentámoslle ós rapaces a nova Xeira, e completamos a xornada con máis xogos ás portas dos locais agardando a chegada dos pais.

Esperamos que esta nova Xeira sexa divertida e proveitosa para todos, así que a partir de agora xa sabedes… vémonos os sábados ás 16:30 na base do Grupo Scout Ronsel en Sada!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s